07-04-2008, 10:38 AM
A Assembleia da República de Portugal será sede mañá dunha Conferência Internacional/Audição Parlamentar sobre o Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa . Nunha xornada completa, en sesións de mañá e tarde, a tribuna parlamentaria estará ao dispor de escritores, lingüistas, académicos, asociacións profesionais e representantes de entidades e institucións con interese directo no asunto, que exporán as súas razóns a favor e en contra nun asunto que suscita grande polémica na sociedade portuguesa e está pendente de entrar en vigor desde 1990, para unificar a ortografía para os 230 millóns de habitantes dos países lusófonos. O Goberno de Portugal pretende a súa aplicación progresiva en seis anos.
http://tinyurl.com/6dp6om
Fuente: http://www.inttranews.net