Forums

Full Version: Línea de consulta sobre derechos lingüísticos
You're currently viewing a stripped down version of our content. View the full version with proper formatting.
La Coruña, España (La Voz de Galicia) – La Mesa por la Normalización Lingüística ha puesto en funcionamiento el proyecto A liña do Galego, un servicio que tramitará quejas y consultas sobre los derechos lingüísticos de los ciudadanos. La asociación gallega, que recibe cada año unas 600 quejas, cuenta con el apoyo de la vicepresidencia de la Junta de Galicia y de la fundación Behatokia, que gestiona el Teléfono del Euskara.



http://tinyurl.com/2rv9lb
http://tinyurl.com/347lt5
Source: http://www.inttranews.net
http://www.amesanl.org/noticias/noticia_...TICIA=1066
[26/11/2007]  
LIÑA DO GALEGO - Nace A Liña do Galego, para tramitar queixas, consultas e parabéns sobre dereitos lingüísticos
Este servizo, creado pola Mesa, atenderá a través do teléfono 902 10 64 74 e do correo-e linhadogalego@amesanl.org.

A Mesa elaborará un informe anual con todas as informacións recibidas
A Mesa pola Normalización Lingüística pon hoxe en funcionamento A Liña do Galego, un servizo gratuíto dirixido a toda a poboación que atenderá consultas sobre dereitos lingüísticos e tramitará queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneren, así como parabéns para quen dea pasos cara a garantir o dereito a vivir en galego.
O presidente da Mesa, Carlos Callón, valora este novo servizo como un “proxecto estrela” desta organización en defensa da lingua. “Coa Liña do Galego, afortalamos o noso obxectivo de dar cobertura e amparo ás persoas ás que se lles impide desenvolver a súa vida na lingua propia do país”, sinala. “A idea de que hai dereitos lingüísticos en Galiza, tanto individuais como colectivos, non está asentada. Moitos galegofalantes continúan a considerar normal a exclusión do seu idioma. Iso é algo que queremos axudar a mudar, porque cando a poboación non é consciente dos seus dereitos, existe un défice democrático, que cómpre corrixir”, apuntala.
Aínda sen ter este servizo creado, A Mesa recibía xa cada ano “arredor dunhas 600 queixas”, unha cifra que a partir de agora agardan ver “amplamente superada”. Ademais, con todas as queixas, consultas e parabéns da Liña do Galego realizarase un informe anual, “que servirá tanto de diagnose da situación como para propor medidas de mellora para o ano seguinte”.
A Liña do Galego está dispoñíbel desde hoxe no teléfono 902 10 64 74, en horario ininterrompido de 8 da mañá a 10 da noite todos os días laborábeis, e a través do correo-e linhadogalego@amesanl.org. A Mesa garante a confidencialidade de todas as informacións achegadas á Liña do Galego, mais non tramitará chamadas nin correos anónimos.
A Mesa agradece o apoio institucional recibido para pór en andamento este servizo, “singularmente por parte da Vicepresidencia da Xunta de Galiza, que posibilita que este proxecto sexa por fin unha realidade”, e tamén o asesoramento fornecido pola fundación Behatokia, que mantén o Teléfono do Euskara.
Reference URL's