Forums

Full Version: Queda inaugurado este foro
You're currently viewing a stripped down version of our content. View the full version with proper formatting.
Andan a pedirme por outros sitios que inaugure este foro de galego. Vou facelo cun dos meus poemas favoritos en lingua galega, que ao mesmo tempo está en lingua portuguesa: a única cantiga conservada de Meendinho.


[B 852 / V 438]

Sedia-m'eu na ermida de San Simión
e cercaron-mi as ondas, que grandes son.
     Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Estando na ermida ant'o altar,
cercaron-mi as ondas grandes do mar.
     Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

E cercaron-mi as ondas, que grandes son:
non hei i barqueiro, nen remador.
     Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

E cercaron-mi as ondas do alto mar:
non hei i barqueiro, nen sei remar.
     Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Non hei i barqueiro, nen remador:
morrerei eu fremosa no mar maior.
     Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Non hei i barqueiro, nen sei remar:
morrerei fremosa no alto mar.
     Eu atendend'o meu amigo. E verrá?


(son medievalista irredenta, pero xa que me dades este momento de gloria...).
Amén, Eva!

Eis o meu favorito: (sonvos modernistaWink

SOS

...FOMOS ficando sos
o Mar o barco e mais nós

...Roubánronnos o Sol
...O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco

...Roubáronnos o vento
...Aquel veleiro que se evadeu
pola corda floxa do horizonte

...Este oucéano desatracou das costas
...e os ventos da Roseta
ourentáronse ao esquenzo
...As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas do reloxe
...Pero tamén sabemos a maniobra
dos navíos que fondean
a sotavento dunha singladura
...No cuadrante estantío das estrelas
ficou parada esta hora:
...O cadavre do Mar
fixo do barco un cadaleito

.....Fume de pipa......... Saudade
.....Noite...... Silenzo.... Frío
.....E ficamos nós sós
.....Sin o Mar e sin o barco
.....nós.


Puxen outro poema de Manoel Antonio no foro de eúscaro, para o deixar aberto.
Cantos, bágoas, queixas, sospiros, seráns, romerías, paisaxes, devesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, todo aquelo, en fin, que pola súa forma e colorido é dino de ser cantado, todo o que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegase a conmoverme, todo esto me atrevín a cantar neste homilde libro pra desir unha vez siquera i anque sea torpemente, ós que sin razón nin conocemento algún nos desprezan, que a nosa terra é dina de alabanzas, e que a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nas máis ilustradísimas provincias cunha risa de mofa que, a desir verdade (por máis que ésta sea dura), demostra a iñorancia máis crasa i a máis imperdoable inxusticia que pode facer unha provincia a outra provincia hirmán por probe que ésta sea. Mais he aquí que o máis triste nesta cuestión é a falsedade con que fóra de aquí pintan así ós fillos de Galicia como a Galicia mesma, a quen xeneralmente xuzgan o máis despreciable e feio de España, cando acaso sea o máis hermoso e dino de alabanza.
[...] desta Galicia competidora en clima e galanura cos países máis encantadores da terra, esta Galicia donde todo é espontáneo na natureza e en donde a man do home cede o seu posto á man de Dios.
Prólogo, Cantares Gallegos, Rosalía de Castro
Buenas tardes,

me permito "invadir" este subforo después de un mes de haber sido inaugurado.
No sé hablar gallego pero al igual que me pasa con el portugués, más o menos lo entiendo y estoy segura de poder aprovechar y disfrutar lo que los colegas que sí dominan esta lengua aporten.

Por otra parte y no menos importante, me une al pueblo gallego y a su lengua el hecho de que mis hijos son mitad gallegos, mitad canarios (genéticamente hablando, pues nacieron dos en Venezuela y una en Filipinas).

Felicidades por tener su rinconcito,
Alicia
Reference URL's